Xapón - 日本

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
日本国
Nihon-koku / Nippon-koku
Xapón
Bandeira do Xapón Escudo do Xapón - 日本
Bandeira Escudo
Lema nacional: Paz e Progreso
Himno nacional: Kimi ga yo
 
 
Capital
 • Poboación
Tokio
8,444,531 hab. (2003)
Cidade máis poboada Tokio
Lingua oficial Xaponés1
Forma de goberno Monarquía constitucional
Akihito
Yasuo Fukuda
Formación
- Fundación
- Restauración Meiji
- Constitución actual
- Tratado de San Francisco

11 de febreiro de 660 adC
3 de xaneiro de 1868
3 de maio de 1947
28 de abril de 1952
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 61º
377.835 km2
0,8
0 km
29.751 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 10º
127.417.244
336 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 2º
US$ 4.367.459 mill.
US$ 34.188 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 3º
US$ 4.170.533 mill.
US$ 32.647 (2006)
Moeda Ien (¥, JPY)
Xentilicio Xaponés, xaponesa
Fuso horario
 • en verán
UTC + 9
non aplica
Dominio Internet .jp
Prefixo telefónico +81
Prefixo radiofónico 8JA-8NZ / 7JA-7NZ / JAA-JSZ
Código ISO 392 / JPN / JP
Membro de: ONU, OSCE, APEC, G-8

1 Tamén se fala o Ainu e o ryukyuense aínda que non son oficiais

Tódolos países do mundo
Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O Xapón (en xaponés, Nippon ou Nihon), é un país do Extremo Oriente, formado por un arquipélago, situado ao longo da costa leste da Asia, enteiramente dentro da zona temperada. A súa área territorial é de 377.815 km², e a densidade media da poboación (aproximadamente 328 hab./km²) faise máis impresionante cando se sabe que máis do 70% da superficie do país constitúena montañas inhabitábeis.

Comprende as catro grandes illas de Honshu (a máis extensa e longa) ou Hondo, Shikoku (nun entrante ó sur da anterior), Kyushu (ó sur) e Hokkaido (a máis norteña), alén de máis de tres mil illas menores nas adxacencias, localizadas entre o Mar de Okhotsk a norte, o Océano Pacífico a oeste e ao sur e o Mar da China Oriental e o Mar do Xapón a oeste. A través do Mar do Xapón e do Mar de Okhotsk, contacta con Rusia, o Estreito da Corea, ao sueste, lígaa á Corea do Sur, e no estremo sur das illas Ryukyu achégase a Taiwan. A sua poboación, estimada en 2007, era de 127.433.494 habitantes. A capital, Toquio, é a maior concentración urbana do mundo.

O movemento de placas da cortiza terrestre na zona, afundindo a placa do Pacífico no norte e a das Filipinas no sur. fan do Xapón un lugar inestable xeoloxicamente, cuns 1500 sismos ó ano e frecuentes erupcións volcánicas.

Índice

Historia

Política

Subdivisóns

As 47 provincias (Prefecturas) do Xapón son as seguintes:


Observación: En xaponés úsanse as seguintes palabras para designar as 47 Prefecturas do país: to (metrópole),(territorio), fu (Prefectura urbana), e ken (outras Prefecturas ou departamentos). Así, Xapón está formado por 47 to-dō-fu-ken.

Xeografía

Xapón

O Xapón é un país insular que se estende ao longo da costa leste, ou Pacífica, da Asia. As illas principais, de norte a sur, son: Hokkaido, Honshu (ou Hondo), Shikoku e Kyushu. Alén destas illas maiores, o Xapón inclúe numerosas illas máis pequenas, preto de 3.000, parte das cales constitúen as illas Ryukyu, que se estenden ao sueste de Kyushu ata preto de Taiwan. Nas illas Ryukyu tamén fica Yonaguni, a illa máis occidental do Xapón.

Arredor do 73% do país é montañoso, cunha cordilleira a ocupar o centro de cada unha das illas principais. A montaña máis alta do Xapón é o famoso monte Fuji, con 3.776 m de altitude.

Economía

As principais actividades económicas do Xapón concéntranse nas illas de Hokkaido, Honshu, Shikoku e Kiushu. Para acurtar a distancia entre as illas, os enxeñeiros xaponeseses construíron dous túneles e unha ponte entre Honshu e Kiushu. Entre Honshu e Shikoku estanse construíndo dúas grandes pontes; un inmenso túnel de 54 km liga Honshu e Hokkaido.

Cerca do 80% do territorio xaponés presenta un relevo montañoso. As montañas das illas Honshu, Shikoku e Kiushu exhiben unha vasta vexetación tropical. A illa de Hokkaido está cuberta pola taiga. Esas condicións permitiron unha intensa utilización da madeira, mesmo para a construción de embarcacións.

Aínda tendo un relevo maiormente montañoso, o cultivo tradicional é o arroz (rizicultura). mais hai moito que o país se dedica tamén á pesca, explotada simultaneamente por pequenas e grandes empresas. Atópanse pequenos portos pesqueiros por toda a sua área costeira, principalmente no litoral do Océano Pacífico, que ten as augas máis ricas en peixe.

Ata a metade do século XIX, a rizicultura foi a principal actividade económica do Xapón. Iso mostra o espírito traballador do pobo xaponés que, ao longo da historia, precisou conquistar un medio natural particulamente inhóspito para as actividades agrícolas: apenas o 16% do território xaponés son planicies.

A rizicultura transformou a chaira de Kanto na zona máis densamente poboada do país. Iso garantiu un mercado consumidor para a industria que se estabeleceu na era Meiji.

A ocorrencia de catro estacións do ano nitidamente marcadas proveen a calor e humidade que o cultivo do arroz exixe. O emprego de irrigación constante favorece o seu desenvolvemento.

Mesmo despois de terse transformado nun dos países mais industrializados do mundo, o Xapón mantivo a agricultura como unha das suas actividades estratéxicas. Mais os intereses industriais e urbanos medraron nas áreas que foran tradicionalmente ocupada por labouras. A diminuición da área cultivada ven sendo compensada polo constante aumento da produtividade, grazas á aplicación de técnicas avanzadas e de novos instrumentos. Hoxe en día, a actividade agricola xaponesa ten unha importancia máis histórica e cultural, pois é posible importar os outros produtos a prezos ben mais baixos. Un dos focos de conflitos diplomáticos no Xapón é a sua política proteccionista.

Demografia

Cultura

A cultura xaponesa foi historicamente influenciada maiormente pola cultura chinesa (grandemente a través do budismo) e, a través dela, polas culturas clásicas grega e indiana, así como pola próxima cultura da Corea. No último século, a cultura xaponesa tivo unha influencia principal da Europa e da América, especialmente da cultura anglo-saxona. O Xapón xerou un complexo único de artes (ikebana, origami, ukiyo-e), técnicas artesanais (bonecas, obxectos lacados, cerámica), espectáculo (danza, kabuki, teatro noh, raku-go), e tradicións (xogos, onsen, sento, cerimonia do té), alén dunha culinaria única.

O Xapón actual é un dos maiores exportadores do mundo de cultura popular. Os debuxos animados, filmes, literatura e música xaponeses acadaron popularidade en todo o mundo, e especialmente nos outros países asiáticos. Incluso a relixión zen está a ser exportada ao Occidente con relativo éxito.

Feriados

Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Aninovo 元旦
Gantan
Segundo luns de xaneiro
(ata 1999, 15 de xaneiro)
Día da maioría de idade 成人の日
Seijin non hi
11 de febreiro Día da
Fundación Nacional
建国記念日
Kenkoku kinenbi
20 de marzo Día do
equinoccio de primavera
春分の日
Shunbun non hi
29 de abril Día do verdor みどりの日
Midori non hi
3 de maio Día da Constitución 憲法記念日
Kenpō kinenbi
5 de maio Día dos nenos 子供の日
Kodomo non hi
Terceiro luns de xullo Día do mar 海の日
Umi non hi
Terceiro luns de setembro
(ata 1999, 15 de setembro)
Día do respeito
aos anciáns
敬老の日
Keirō non hi
Arredor do 23 de marzo Día do
equinoccio de outono
秋分の日
Shūbun non hi
Segundo luns de outubro
(ata 1999, 10 de outubro)
Día do deporte 体育の日
Taiiku non hi
3 de novembro Día da cultura 文化の日
Bunka non hi
23 de novembro Día de grazas 勤労感謝の日
Kinrō kansha non hi
23 de decembro Aniversario do
emperador Akihito
天皇誕生日
Tennō tanjōbi

Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Países do mundo | Asia
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania
Países con parte do seu territorio en Asia

Rusia | Turquía | Exipto


Advanced questions for article: japone,

Questions for article: http://gl.wikipedia,org/wiki/mongolia, japone

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net