Videoxogo

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Videoconsola Super Nintendo (SNES)
Videoconsola Super Nintendo (SNES)

Os videoxogos son programas cos cales te podes divertir usándoos. Poden usarse en ordenadores ou videoconsolas. Poden ser de varios tipos.

Aventura gráfica - Rol - Plataformas - Simuladores - Deportivos - Acción 3D - Estratexia ...

Historia dos videoxogos

Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos[1]

  1. 1971-78. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as arcadias, establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con moedas ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como Atari, Magnavox ou Taito, e os primeiros xogos: Space Invaders, Pong, Star Trek...
  2. 1978-83. Comezan a desenvolvérense os xéneros (xogos de pelexa, de acción, de deportes...), na evolución do lecer público en establecementos cara ao lecer caseiro. Aparecen xogos como Pac-Man.
  3. 1983-94. Os xogos fanse claramente caseiros e tenden a desaparecer as arcadias. A calidade gráfica mellora, e redúcense os tamaños dos dispositivos. Xorden compañías como Sega, Commodore ou Nintendo, pero tamén se desenvolven aplicacións para computadores persoais, o que redunda no progreso destes servizos. Son xogos desta época Final Fantasy, Mario Bros, o Tetris e os MUDs.
  4. 1994-2004. A industria do videoxogo gaña un gran poder económico. As melloras expoñenciais en almacenaxe de memoria abre a porta para os CDs e logo os DVD de xogos. A computadora vólvese máis importante e empeza a guerra de sistemas entre as diferentes consolas. As empresas que se desenvolven nesta etapa son Sony, pero tamén Microsoft ou Nokia, aínda que se consolidan produtores de xogos como EA. Entre os xogos están o FIFA, o Prince of Persia, o Street Fighter ou o Metal Gear.
  5. 2004-actualidade: o desenvolvemento das tecnoloxías permite a aparición de produtores independentes de calidade. Non aparecen empresas novas, senón melloras sobre tecnoloxías anteriores das mesmas compañías, como a Wii de Nintendo, e novas versións de xogos anteriores aos que se suman algúns novos, como Legend of Zelda.

Notas

  1. Huertero Valle, Guillermo, Videojuegos políticos: una forma diferente de entender la política, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 12 (2007).

Véxase tamén

Traballo en progreso: Este artigo relacionado cos Videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.
Existen outros artigos de Videoxogos que tamén precisan ser ampliados.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net