|
A topoloxía de rede é a disposición física na que se conectan os nodos dunha rede de ordenadores ou servidores.Estes computadores poden conectarse de moitas e moi variadas maneiras.A conexión mais simple é un enlace unidireccional entre dous nodos.Pode-se engadir un enlace de retorno para a comunicación en ambos sentidos.Os cabeis de comunicación modernos normalmente incluen mais dun cabel para facilitar isto, ainda que redes moi simples baseadas en buses teñen comunicación bidireccional nun só cabel. A topoloxía de rede determina-a a configuración das conexions entre nodos.A distáncia entre os nodos, as interconexions físicas, as taxas de transmisión e/ou os tipos de sinais non pertencen á topoloxía da rede, ainda que poden ver-se afectados pola mesma.
Redes centralizadasA topoloxía en estrela reduce a posibilidade de fallo de rede conectando todos os nodos a un nodo central.Cando se aplica a unha rede baseada en bus, este concentrador central reenvia todas as transmisións recebidas de calquera nodo periférico a todos os nodos periféricos da rede, algunhas veces mesmo ao nodo que o enviou.Todos os nodos periféricos poden-se comunicar cos demáis transmitindo ou recebendo do nodo central somente.Un fallo na liña de conexión de calquera nodo co nodo central provocaria o isolamento dese nodo respecto aos demáis, pero o resto de sistemas permaneceria intacto. Se o nodo central é pasivo, o nodo orixe debe ser capaz de tolerar un eco da sua transmisión.Unha rede en estrela activa ten un nodo central activo que normalmente ten os meios para prevenir problemas relacionados co eco. Unha topoloxía en árbore (tamén coñecida como topoloxía xerárquica) pode ser vista como unha colección de redes en estrela ordenadas nunha hierarquia.Éste árbore ten nodos periféricos individuais (por exemplo follas) que requeren transmitir a e receber de outro nodo somente e non necesitan actuar como repetidores ou rexeneradores.Ao contrário que nas redes en estrela, a función do nodo central se pode distribuir. Como nas redes en estrela convencionais, os nodos individuais poden ficar isolados da rede por un fallo pontoal na rota de conexión do nodo.Se falla un enlace que conecta con un nodo folla, ese nodo folla fica isolado; se falla un enlace con un nodo que non sexa folla, a sección inteira fica isolada do resto. Para aliviar a cantidade de tráfico de rede que se necesita para retransmitir todo a todos os nodos, se desenvolveron nodos centrais mais avanzados que permiten manter un listado das identidades dos diferentes sistemas conectados á rede.Éstos switches de rede “aprenderían” como é a estrutura da rede transmitindo pacotes de dados a todos os nodos e entón observando de onde veñen os pacotes resposta. Descentralizaciónnunha topoloxía en malla, hai polo menos dous nodos con dous ou mais camiños entre eles.Un tipo especial de malla na que se limite o número de saltos entre dous nodos, é un hipercubo.O número de camiños arbitrarios nas redes en malla fai-nas mais difícis de deseñar e implementar, pero a sua natureza descentralizada fai-nas moi útis. Un rede totalmente conectada ou completa, é unha topoloxía de rede na que hai un enlace directo entre cada parella de nodos.nunha rede totalmente conexa con n nodos, hai HíbridasAs redes híbridas usan unha combinación de duas ou mais topoloxías distintas de tal maneira que a rede resultante non ten forma estándar.Por exemplo, unha rede en árbore conectada a unha rede en árbore segue sendo unha rede en árbore, pero dous redes en estrela conectadas entre si (o que se coñece como estrela estendida) mostran unha topoloxía de rede híbrida.Unha topoloxía híbrida, sempre se produce cando se conectan dous topoloxías de rede básicas.Dous exemplos comuns son: · Rede de estrela en anelo, consta de duas ou mais topoloxías en estrela conectadas mediante unha unidade de acceso multiestación (MAU) como hub centralizado. · Unha rede de estrela en bus, consta de duas ou mais topoloxías en estrela conectadas mediante un bus troncal (o bus troncal funciona como a espiña dorsal da rede). Mentres que as redes en reixiña atoparon o seu sítio en aplicacións de computación de alto rendimento, alguns sistemas utilizaron algoritmos xenéticos para deseñar redes personalizadas que teñen o menor número posíbel de saltos entre nodos distintos.Algunhas das estruturas de redes resultantes son case incomprensibeis, ainda que funcionan abondo ben.
Principais modelos de topoloxíaTopoloxía de bus
É a topoloxía máis común en pequenas LAN, con hub o switch final en un dos séus extremos. Topoloxía de anel
Topoloxía en anel dobre
Topoloxía en estrela
Topoloxía en estrela extendida
Topoloxía en árbore
Topoloxía en malla completa
Topoloxía de rede celular
Topoloxía irregular
|
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net