|
Article on other languages:
|
TELNET é un protocolo de rede usado na Internet ou en conexións de redes de área local LAN . O documento STD 8 do IETF(vexa RFC 854 e RFC 855) establece:
Telnet é tamén o nome do programa informático que implementa o cliente de protocolo Telnet. Telnet serve para acceder mediante unha rede a outra máquina, para manexala como se estivésemos sentados diante dela. Para que a conexión funcione, como en todos os servizos de internet, a máquina á que se accedía debe ter un programa especial que reciba e xestione as conexións. O porto que se utiliza xeralmente é o 23. Só serve para acceder en modo terminal, é dicir, sen gráficos, mais foi unha ferramenta moi útil para depurar e arranxar erros a distancia, sen necesidade de estar fisicamente no mesmo sitio que a máquina que os tiña. Tamén se usaba para consultar datos a distancia, como datos persoais en máquinas accesíbeis por rede, información bibliográfica, etc. O seu maior problema é de seguridade, xa que todos os nomes de usuario e contrasinos necesarias para entrar nas máquinas viaxan pola rede como texto plano (cadeas de texto sen cifrar). Isto facilita que calquera que espíe o tráfico da rede poida obter os nomes de usuario e contrasinos, e así acceder el tamén a todas esas máquinas. Por esta razón deixou de usarse, case totalmente, hai uns anos, cando apareceu e se popularizou o SSH, que se pode describir como unha versión cifrada de telnet. Hoxe en día este protocolo tamén se usa para acceder aos BBS, que inicialmente eran accesíbeis unicamente cun módem a través da liña telefónica. Para acceder a un BBS mediante telnet é necesario un cliente de que soporte gráficos ANSI e protocolos de transferencia de ficheiros. Os gráficos ANSI son moi usados entre os BBS. Cos protocolos de transferencia de ficheiros (o máis común e o que mellor funciona é o ZModem) poderás enviar e recibir ficheiros do BBS, xa sexan programas ou xogos ou xa sexa o correo do BBS (correo local, de FidoNet ou outras redes). Algúns clientes de telnet (que soportan gráficos ANSI e protocolos de transferencias de ficheiros como Zmodem e outros) son mTelnet!, NetRunner, Putty, Zoc, ...
Manexo básico de telnetPara iniciar unha sesión cun interprete de comandos doutro computador, pode empregar o comando telnet seguido do nome da máquina na que desexa traballar, por exemplo se desexa conectarse á máquina purpura.micolegio.edu.co: telnet purpura.micolegio.edu.co Se só pos iso, conectarase polo porto predeterminado do programa, que é 23. Se queres que se conecte por outro porto debes poñer: telnet purpura.micolegio.edu.co 77 Tamén podes primeiro abrir unha ventá de telnet poñendo: telnet E logo conectarte poñendo: o purpura.micolegio.edu.co Unha vez conectado poderá ingresar o nome de usuario e contrasinal remoto para iniciar unha sesión en xeito texto a xeito de consola virtual (ver Lectura Sistema de usuarios e manexo de clave). A información que transmita (incluíndo o seu clave) non será protexida ou encriptada e podería ser vista noutros computadores polos que se transite a información (a captura destes datos realízase con sniffers). Unha alternativa máis segura para telnet, mais que require máis recursos do computador é ssh que encripta a información antes de transmitila, que autentica a máquina á cal conectase e que pode empregar mecanismos de autenticación de usuarios máis seguros. FonteVéxase taménLigazóns ExternasQuestions for article: rfc 854, telnet download, 5250 ibm application, arp โปรโตคอล, as400 telnet keys in dos, เทลเน็ต, โปรโตคอล, โปรโตคอล เทลเน็ต, โปรโตคอล ipn, โปรโตคอล kermit, โปรโตคอล rarp |
|||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net