Pauline Réage

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

Pauline Réage, pseudónimo de Anne Desclos (1907 - 1998) foi unha escritora francesa.
Naceu en Rochefort-sur-Mer, no seo dunha familia bilingüe francés-inglés e viviu a súa infancia na Bretaña coa súa avoa. Estudou na Sorbona e traballou como xornalista ata 1946, cando entra como tradutora na editorial Gallimard, onde traduce ao francés co pseudónimo de Dominique Aury a autores como Algernon Charles Swinburne, Evelyn Waugh, Virginia Woolf, T. S. Eliot ou F. Scott Fitzgerald e participa como xurado en numerosos premios literarios. En 1943 coñecera a Jean Paulhan, director da prestixiosa La Nouvelle Revue Française que se converte no seu amante e logo de afirmar el que as mulleres son incapaces de escribir unha novela erótica ela escribe Historie d'O (1954), unha novela sadomasoquista que a súa editorial se negou a publicar tivo que publicar nunha pequena editorial, pero que se converteu nun grande éxito comercial. En 1967 publicou Retour à Roissy.
Non foi ata 1994 nunha entrevista ao New Yorker que ela admitiu ser a autora da novela.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net