ISP

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

Os ISP´s (Internet Service Provider), ou "fornecedores de servizos de Internet", son as empresas dedicadas a conectar ós usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas coa rede (venda de dominios web, etc.)

Existen numerosas empresas ISP, e conviven seguindo unha xerarquía.

Evidentemente, o grao de implantación no terreo é quen marca o tipo de ISP (local, rexional ou nacional). Por exemplo, empresas como Jazztel ou Retevisión teñen unha cobertura (rede) propia a nivel nacional (en España), mentres que existen outras como Nora cunha rede a nivel local (neste caso en León). Estas pequenas empresas non poden acceder fora da cidade ca súa propia rede, polo que deberán "alugar" liñas a ISP´s maiores para poder ofrecer o acceso á rede ós seus clientes. En cambio, o intercambio de tramas entre ISP de maior nivel (nacionais) farase mediante acordos comerciais de igual a igual (peering).

Evolución da rede en España

Debido ó problema das diferentes coberturas dos ISP´s e á necesidade de ter que intercambiar a información entre elas, as veces o percorrido dos datos era innecesariamente longo. Un exemplo moi claro é o seguinte:

Como pode ollarse na imaxe, o percorrido que as tramas de información teñen que seguir é absurdo. Isto débese a que o intercambio entre ISP´s locales é imposible e por iso, aínda que os dous usuarios estean na misma cidade, o fluxo de datos ten que pasar por ISP´s extranxeiros, ata chegar a un punto onde poda realizarse un intercambio entre diferentes redes. Estes puntos chámanse NAP´s (Puntos de Acceso Neutro).

A solución, en certa parte, do problema, chegou en xaneiro de 1997 coa creación do espanix, o punto de acceso neutro español. Alí, os ISP´s nacionais conectan os seus equipos a un backbone (rede principal), permitindo ós seus usuarios ter unha conexión directa cos demais ISP´s operativos en España e reducindo así, os tempos de demora.

Ademais do espanix, existe outro NAP no territorio nacional. Este situase en Cataluña, é un punto neutro rexional e chámase Catnix. Fora das nosas fronteiras, o NAP máis salientable é, evidentemente, o europeo (euro-ix). Consta de catro puntos físicos comunicados entre eles con redes especiais dedicadas e de enormes anchos de banda.

Ligazóns externas

Questions for article: daftar isp, rds usenet, daftar isp

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net