|
Article on other languages:
|
Fósil (do latín fossus, "desenterrado") é calquera resto dun ser vivo que habitou no pasado ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou á conservación nas rochas.Na mineralización, os átomos de carbono da materia orgánica son substituídos por átomos doutros elementos ao estar o organismo soterrado. Isto permite que cheguen ata a actualidade os restos dun organismo, completo ou incompleto, que viviu noutras épocas xeolóxicas. A totalidade dos fósiles e a súa localizacións en formacións rochosas fosilíferas (que conteñen fósiles) e estratos sedimentarios coñécese como rexistro fósil. O estudo dos fósiles coñécese como paleontoloxía. Os fósiles normalmente consisten nos restos desarticulados ou parcialmente preservados dun organismo. Porén, os fósiles poden consistir tamén nas marcas deixadas polo organismo cando ainda vivía, como pegadas ou feces. Estes tipos de fósil chámanse ichnofósiles. Por último, a vida do pasado deixa algúns marcadores que non poden ser vistos, mais si detectados na forma de sinais químicos; estes coñécense como fósiles químicos ou biomarcadores. A fosilización fai que toda materia orgánica, degradable, se convirta en mineral e poida estabilizarse quimica e fisicamente. Aclaracións sobre os fósiles
Tipos de fósilesOs fósiles agrúpanse en tres grandes grupos:
Restos máis coñecidosEntre os restos máis coñecidos polos seus fósiles están:
Questions for article: estratos geologicos de la superficie terrestre, origen de la filotaxia |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net