Europa

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Imaxe de satélite da NASA do continente europeo
Imaxe de satélite da NASA do continente europeo
Mapa físico-político
Mapa físico-político

Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio. Europa exténdese na metade oriental do Hemisferio Norte, dende o Océano Glacial Ártico polo norte ata o Mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o Océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o Mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europoes. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mudiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Índice

Xeografía

Xeografía física

Extensión: 10.530.751 km², representando o 7% das terras emerxidas.

  • Clima
  • Vexetación

Etnografía

A poboación europea é maioritariamente de tipoloxía racial branca ou caucásica, dividida en dous grandes grupos subétnicos: os nórdicos, que acostuman ter unha pigmentación de pel branca crara e rosada, cabelo loiro, ollos entre azuis, verdes e castaños craros, e os mediterráneos que poden ter a pel branca crara ata a pel morena escura, a maioría con cabelo castaño escuro ou negro, cos ollos que varían moito pero na maior parte son de cor castano escuro ou pardusco. Ámbolos dous grupos posúen individuos de cabelo ondulado.


Linguas

Existen moitas linguas no continente europeo como consecuencia da diversificación das súas raíces ancestrais en diferentes dialectos. Así,

Outras:

Relixión

As relixións maioritarias de Europa son as cristianas. Nos países mediterráneos profésase a relixión católica, que tamén é practicada nalgúns países do norte e balcánicos, o protestantismo no norte e centro de Europa, e ortodoxa, comandada polas diversas igrexas gregas ou ortodoxas nos Balcáns e Rusia.

Existe tamén unha minoría de persoas que profesan o xudaísmo e o islamismo (con forte crecemento debido á inmigración), e outras relixións minoritarias. Unha boa parte recoñece non profesar ningunha ou non practicar.

Demografía

Véxase Demografía de Europa, Migración en Europa.

En 2005 estimábase a poboación de Europa en 728 millóns de persoas segundo a ONU, o que representa a novena parte da poboación mundial. Hai un século Europa contaba co 25% da poboación mundial. Despois dunha fase de medre cero, desde o 2000 a poboación europea comezou un novo declino demográfico a causa da diminución da natalidade, só en parte compensado pola inmigración. E segundo as estimacións da ONU para o ano 2050 en Europa vivirá o 7% da poboación mundial, uns 653 millóns de persoas.

Véxase Cultura europea

Historia

Artigo principal: Historia de Europa

Todos os seres humanos proceden de África e de alí foron chegando a Europa varias especies, comezado polo Homo Erectus. O Home do Neanderthal foi a única especie humana autóctona de Europa. De todas elas só sobreviviu ata a actualidade, como no resto do planeta, o Homo sapiens sapiens.

División política

Dende comezos da década de 1990, Europa viu cambiar a súa división política de xeito considerabel coma consecuencia da caída da URSS e o desmembramento de Iugoslavia e Checoslovaquia (Revolución de Veludo, 1993).

Países que constitúen Europa na actualidade:

Países con parte do seu territorio en Europa:


Por outra banda, a liña divisoria entre Europa e Asia é obxecto de discusión e, por convención, establécese nos Montes Urais e mailo río Ural, así como tamén o Caúcaso. Hai quen considera, polo tanto, que Casaquistán (Kazakhistán) -no límite dos Montes Urais- e Xeorxia, Armenia e Acerbaixán -no límite do Caúcaso - forman parte de Europa (mesmo nas distintas wikipedias non hai acordo sobre a lista de países que forman parte de Europa).

Algúns datos para aclarar esta afirmación:


Véxase Entorno natural da Unión Europea

Economía

Véxase Economía da Unión Europea

Mapas


Véxase tamén


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía


África

Antártida

Asia

América

Europa

Oceanía

Supercontinentes xeolóxicos

Gondwana  Laurasia  Panxea  Pannotia  Rodinia  Columbia  Kenorland  Ur  Vaalbara

Continentes míticos ou teóricos

Atlántida  Lemuria  Mu  Terra Australis

Advanced questions for article: angloamerika,

Questions for article: europa peninsulas, europa universalis 3, europa universalis 3 republiek, europos politinis emlapis, geografia peninsulas europa, mapa de golfos, peninsulas de europa, peninsulas europa, rednia temperatura & ateny, angloamerika, angloamerika i latinska amerika

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net