Bambú

Article on other languages:

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire
Bosque de bambús ou bambueiras.

O nome bambú (tamén chamado en galego bambueira) provén probablemente dunha adaptación da palabra samambu, orixinaria de Malasia, e introducida en Europa polos portugueses no século XVI. Os bambús son orixinarios de Asia, América, África e Oceanía; poden adaptarse a numerosos climas (tropicais, subtropicais e temperados). En Europa existen fósiles pero ningunha especie endémica, datando as primeiras plantacións de 1855 en Inglaterra e en Anduze (Francia).

Son plantas moi antigas (datan do Mioceno), rústicas e, sobre todo, moi atípicas. Inspiraron mitoloxías e simboloxías. É unha planta extraordinariamente útil, téndose descrito máis de 1.500 usos e utilidades, moi válida no pasado e con moitas posibilidades no futuro. Pola súa alta resistencia e flexibilidade chámaselle "o aceiro vexetal".

O bambú, a nivel económico, pode representar un recurso renovable e sostible.

Bambús en Lijiang, na China

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net