|
Avatar é un termo de orixe sánscrita (avatâra significa 'o que descende'), e que no hinduísmo se refire á encarnación terrestre dun deus. Tamén significa iniciado. Por exemplo dise que el deus Krishna é a oitava encarnación de Vishnu. Avataras Os Avataras poden ser de dous tipos: Manusíacos e bodhisátvicos Os Manusíacos considéranse avataras organizadores, exemplo deles son Rómulo e Remo, Moisés, Mahoma, Zoroastro, Manco Kapac. Así estes avatares crean civilizacións que elevan o ser humano. Os Bodhisátvicos, do sánscrito satwa (equilibrio interior) son avatares fundadores de relixións ou camiños espirituais. Exemplo destes son Buda, Krishna, Xesús, Tunupa, Lao Tsé. Finalmente poden considerarse os avatares non encarnados, seres que coidan e protexen a humanidade. En galegoO galego tomou a palabra (pluralizada como "avatares") co significado de 'fases', 'vicisitudes' ou 'cambios'. InternetActualmente nas novas tecnoloxías e en internet, asóciase a palabra avatar coa representación gráfica (mediante un debuxo ou fotografía) dunha persoa para a súa identificación. |
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
Mercedes Car
This site monitored by SitePinger.net