|
Article in other languages:
|
A República Arxentina é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola sua extensión, é o segundo estado de América do Sur e o oitavo en todo o mundo con 2.780.400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Xeorxias do Sur, Sandwich do Sur e Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada por Arxentina Antártida Arxentina O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sul con Chile e ao este con Uruguai e o oceano Atlántico.
HistoriaA rexión noroeste da Arxentina formaba parte do imperio inca, chamado Tawantinsuyu, e as pampas eran dominadas por amerindios nómadas. En febreiro de 1516, o navegante español Juan Díaz de Solís pilotou a súa nave ao grande esteiro do Río da Prata e reclamou a rexión arredor no nome de España. O territorio foi colonizado por España ao longo do século XVI e XVII; derivando o nome de Arxentina das planchas de prata (argentum en latín) que os primeiros colonos observaron en posesión dos indíxenas. O país independizóuse de España en 1816, tralo cal producíronse desputas internas entre faccións federalistas ("federales") e centralistas ("unitarios") até a proclamación da constitución de 1853 aínda hoxe vixente coas modificacións realizadas en 1994. A historia posterior foi marcada por conflitos internos entre conservadores-militares e liberales-civiles. Trala segunda guerra mundial, produciuse o trunfo do movimento popular peronista. Até 1983 fóronse alternado no poder gobernos democráticos con xuntas militares cada vez máis sanguiñolentas, cuxa consecuencia máis directa, ademais das incontábeis perdas humanas, supuxeron a sangría económica do país. Desde entón producíronse eleccións democráticas que non permiron consolidar o progreso democrático do país e estiveron acompañadas de problemas económicos, que provocaron unha recesión sen precendentes a finais de 2001. Goberno e PolíticaDesde a constitución de 1853 o sistema de goberno é representativo, republicano e federal. Politicamente, está dividida en provincias que gozan de autonomía. A constitución vixente na actualidade é a orixinal con algúns cambios realizados en 1994. Provincias de Arxentina
Provincias de Arxentina. Arxentina reclama as Illas Malvinas, un territorio de ultramar do Reino Unido, así como un anaco da Antártida, que se asigna á súa provincia de Tierra del Fuego.
O territorio da república está dividido nunha Capital Federal e 23 provincias: Algunhas das provincias máis importantes en canto á súa poboación e actividade económica son Santa Fe e Córdoba, situadas ao noroeste da Provincia de Buenos Aires. XeografíaVéxase: Xeografía de Arxentina. A súa xeografía é moi variada, encontrándose maiormente chaturas (chairas) no leste, serranías no centro e montañas no oeste. Ao sur do país atópase a Patagonia, unha extensa meseta de orixe precámbrico, constantemente surcada por fortes ventos en dirección oeste-leste. O país encóntrase atravesado de sur a norte pola Cordilleira dos Andes, que marca o límite con Chile. O pico más alto da Arxentina (e tamén de toda América) é o cerro Aconcagua, de 6950 metros. No centro do país atópase a chaira pampeana, unha das máis fértiles do mundo: a Pampa. Cara ao norleste atopamos unha rexión de vexetación espesa e selvática e cara ao oeste unha rexión de meseta alta chamada o Altiplano. EconomíaVéxase: Economía de Arxentina.
A economía arxentina vese beneficiada por unha gran riqueza e variedade de recursos naturais que posúe, unha poboación cun bo nivel de educación, un sistema de agricultura e unha importante base industrial, que chegou a ser a máis desenrolada da América Latina, estancada a partir do último cuarto do século XX. Na actualidade, Argentina é a terceira potencia en materia económica de América Latina, superada por Brasil e México. Se ao PBI o consideramos en paridade de poder adquisitivo, segundo o Fondo Monetario Internacional), en 2007 alcanzou os 523,739 millóns de dólares,[2] acortándose as distancias respecto ao PBI de Brasil ou de México. O PBI per cápita medido en paridade de poder adquisitivo (paridade de poder adquisitivo) de USD no 2007 foi estimado en 13.300,[1][2], un dos máis altos da rexión. As exportacións de bens totalizaron no 2007 os 55.780 millóns de dólares, mentres que as importacións acadaron os 42.525 millóns, creando un superávit de 13.255 millóns de dólares. Las exportacións e importacións de servizos nese mesmo ano, son uns totais de 10.283 e 10.782 millóns de dólares respectivamente, xerando un déficit de 499 millóns de dólares.[3] O país mantén unha débeda externa de 123.196 millóns de dólares (dec. 2007), equivalente ao 46,74% do PBI. A cantidade da mesma débese principalmente a operacións fraudulentas realizadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983),[6] período no cal a débeda medrou un 364%, e a toma masiva de préstamos externos durante os dous gobernos sucesivos de Carlos Menem, debido á política de dólar barato favorecida pola lei de convertibilidade. A relación entre o PBI e a débeda externa chegou ao seu punto crítico en xaneiro de 2002 cando representou o 190% do PBI. Dende entón unha combinación de redución da débeda, moderación na toma de novos créditos e aumento do PBI, reduciron a débeda a pouco menos da metade do PBI, que de todos os xeitos, é elevada. A presión tributaria achábase ao finalizar 2007 no 25%. É un valor baixo comparado con Brasil (37%) e Europa (38%), mais no período 1997-2002, o valor da porcentaxe rexistrábase como o 16,7%. A estrutura impositiva descansa principalmente no Imposto de Valor Engadido (IVE), que aporta o 31% do total, aínda que a súa importancia relativa reducíase fronte á media do período 1997-02, que foi do 39%, debido a un aumento do Imposto da renda, que pasou dun 19% ao 21% do total, e sobre todo das retencións ás exportación, que pasou de supoñer do 1% ao 10%. Segundo o INDEC, a inflación alcanzada no 2007 foi do 8,5%, a cal continuaba cunha tendencia descendente. Mais, a veracidade das medicións do INDEC está actualmente sendo cuestionada por manipulación de datos. Outros analistas económicos estiman unha inflación de entre o 16% e o 18% no 2007.[7] Os últimos indicadores de nivel nacional mostraron que a taxa de pobreza no semestre de outubro de 2007 a marzo de 2008 representou o 20,6% da poboación e a de indixencia o 5,9%.[8] O desemprego no cuarto trimestre do 2007 encontrábase nun 7,5%, excluíndo aos beneficiarios de plans sociais de emprego como “empregados”, que farían unha cifra do 7,8%-8,1% . O subemprego, en tanto, situouse nun 6,0%. A Arxentina forma parte do bloque rexional coñecido como Mercosur, integrado por Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai, e tamén Venezuela, en proceso de volverse membro pleno do bloque. Como consecuencia do Mercosur, as relacións comerciais entre Arxentina e Brasil aumentaron até volverse de primeira importancia para ambos países. En maio do 2002 comezou un proceso de desequilibro na balanza comercial entre ambos países, fortemente deficitario para a Argentina, que foi motivo de preocupación para empresarios e funcionarios dese país.[9] No 2006 os gobernos de Arxentina e Brasil asinaron unha serie de acordos bilaterais, entre os que se encontra a cláusula de adaptación competitiva e os acordos referidos aos intercambios comerciais do sector dos automóbiles. O propósito de ambos acordos é reducir as asimetrías presentes no bloque.[10] A moeda oficial de Argentina dende 1992 é o peso ($). DemografíaA poboación arxentina é na súa maior parte descendente de inmigrantes galegos e italianos, en menor medida tamén teñen presenza inmigrantes doutras zonas de España, xudeus, alemáns, así como tamén doutros países europeos que chegaron en ondas a fins do século XIX e inicios do XX. Hai ademais un importante continxente de inmigrantes do Medio Oriente, que se concentran nas grandes cidades. O 90% da súa poboación é de raza branca, cun 85% de descendentes de europeos (principalmente de italianos e españois). Arxentina ten relativamente poucos mestizos (persoas de orixe mixta europeo e indíxena). Os indíxenas, cuxo número ronda actualmente os 400.000,[1] representa o 1% da total do pais. Os mesmos conservan súas tradicións, concentrándose as súas poboacións nas provincias do norte, norleste e sur. O censo realizado en 2001 incluía unha pregunta relativa á pertenencia a pobos indíxenas co propósito de realizar con posterioridade unha enquisa complementaria para abordar en profundidade a cuestión indíxena. Malia ser o español o único idioma oficial, estes grupos conservan os seus idiomas maternos. A relixión oficial en Arxentina é a católica, aínda que a constitución consagra a liberdade de culto, existindo importantes comunidades xudía, islámica e protestante. CulturaMúsicaVéxase: Música de Arxentina. O tango é un estilo musical e un baile nacido nos arrabaldes porteños con difusión internacional, ligado fortemente co Arxentina e con Uruguai, pero sobre todo con Buenos Aires. Neste xénero musical destacaron Carlos Gardel, considerado como o Rei do Tango, e o marplatense Astor Piazzolla. LiteraturaVéxase: Literatura de Arxentina. A literatura arxentina ocupa un lugar destacado dentro da literatura en español, con expoñentes de finais do século XIX como José Hernández (autor de Martín Fierro, traducido a máis de 70 idiomas), ou do século XX, como Jorge Luis Borges, Julio Cortázar e Juan Gelman, tres dos autores máis destacados da literatura en español. CineVéxase: Cine de Arxentina. O cinema arxentino é, historicamente, un dos máis importantes de América Latina.[11] As primeiras longametraxes animadas, mudas e sonoras, foron realizadas por Quirino Cristiani. En 1986, a película La historia oficial, dirixida por Luis Puenzo, conseguiu un premio Óscar ao mellor filme estranxeiro.
Referencias
Véxase tamén
Questions for article: |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.
IHS Europe: Infrared Heating Systems for Home and Business.