Antonio Meucci

del.icio.us del.icio.us
Digg Digg
Furl Furl
Reddit Reddit
Rojo Rojo
Add to OnlyWire

Antonio Santi Giuseppe Meucci (Florencia, 13 de abril de 1808Nova York, 18 de outubro de 1889) foi un inventor italiano, coñecido como o creador do teléfono. Estudou na Academia de Belas Artes da capital de Toscana, traballando posteriormente como empregado da alfándega e como técnico de escenarios no Teatro da Pergola, onde coñeceu á súa futura esposa, Ester Mochi.

Estudou enxeñería química e enxeñería industrial. Foi preso entre 1833-1834 por participar no movemento de liberación italiano. Casou no día 7 de agosto de 1834 con Ester Mochi. Despois foi acusado de participar na conspiración do Movemento de Unificación Italiana e foi preso novamente, durante tres meses.

En Outubro de 1835 Meucci e a súa muller deixaron Florencia para nunca máis voltar. Emigraron para o continente americano, parando primeiro en Cuba onde Meucci aceptou un emprego no Gran Teatro de Tacon na Habana. En 1850, Meucci e a súa muller emigraron para os Estados Unidos, e chegaron a Clifton (en Staten Island, perto da cidade de Nova Iorque) onde Meucci viveu o resto da súa vida.

En 1856 Meucci construíu un teléfono eletromagnético para conectar o seu escritorio co seu cuarto localizado no segundo andar, por causa do reumatismo da súa esposa.

Pero , debido a dificuldades financeiras, Meucci apenas conseguiu pagar a patente da súa invención. Acabou vendendo o prototipo do teléfono a Alexander Graham Bell, que en 1876 o patentou como invención súa. Meucci denunciouno, mais acabou falecendo durante o xuízo e o caso foi encerrado.

Así, Bell foi considerado durante moitos anos como inventor do teléfono, mais o traballo de Meucci foi recoñecido postumamente o 11 de xuño de 2002 cando o Congreso dos Estados Unidos aprobou a resolución Nº. 269 na cal se recoñeceu que o inventor do telefono foi, na realidade, Meucci e non Alexander Graham Bell.

This article is from Wikipedia. All text is available under the terms of the GNU Free Documentation License.


Giant Panda

Mercedes Car
James Bond Guide
This site monitored by SitePinger.net